Julio Illade Rilo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, xornalista |
Julio Illade Rilo foi un farmacéutico, político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tiña unha farmacia na rúa Real das Pontes de García Rodríguez. Promoveu e dirixiu o periódico La Unión (1913-1915). En decembro de 1937 foi multado con 10000 pesetas "por anomalías administrativas y actos caciquiles" como consecuencia dunha inspección ao Concello das Pontes na que tamén foron sancionados o alcalde Fernando Fernández Freire, o secretario José Durán Juega e Jesús Cabarcos.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con América López Cabarcos e foi pai de Julia (finada en 1950), Julio José, Casto, Alfonso, Rita, Rodrigo e Manuel Illade López.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Unión, Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez Arquivado 23 de xuño de 2015 en Wayback Machine.